Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Ribeira reúnese coas comisións de festas para tratar necesidades de cara ao vindeiro ano


O concelleiro de Festexos, Francisco SuárezPuerta Colomer mantivo onte unha reunión coas distintas comisións de festas das parroquias do Concello de Ribeira.

O encontro consistiu nunha valoración dos eventos realizados durante o verán e unha posta en común das necesidades e posibilidades de mellora de cara ao vindeiro ano. O propósito da reunión foi o de estreitar a colaboración entre as parroquias e a autoridade local de cara á organización das vindeiras celebracións. Ademáis, o concelleiro expresou a súa vontade de asegurar o apoio económico ás comisións de cara ao vindeiro ano.